55 inscritos de toda a Costa para a nova edición da Universidade Sénior

07:36 23/02/23
Arrincou este mércores no Centro Sociocultural de Baio unha nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a Universidade Sénior. O Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, que conta co financiamento da Xunta, e a colaboración do GDR “Costa da Morte” e do Concello de Zas, conta con 55 alumn@s.
Alumn@s procedentes de 7 concellos da contorna, que disfrutarán entre febreiro e marzo dun programa que consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas
MÓDULO I: ARTE E SOCIEDADE
- “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón. 22 de febreiro, de 17 a 19 h.
- “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez. 23 de febreiro, de 17 a 19 h.
- “Arqutectura con minúsculas, novas sensibilidades tardomodernas”. Prof. Fernando Agrasar Quiroga. 1 de marzo, de 17 a 19h.
- Visita cultural na contorna da Costa da Morte. 3 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA
- “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro. 8 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía al longo da Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 9 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte. 15 de marzo, de 17 a 19 h.
- Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 16 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas.
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR
- “Hábitos saudables: estou facéndoo ben?”. Prof. Esther Fernández Fernández. 22 de marzo de 2022, de 17 a 19 h.
- “Benestar, vulnerabilidade e coidados”. Prof. Antía Pérez Caramés. 23 de marzo, de 17 a 19 h.
- “Tecnoloxía para a saúde e a vida activa”. Prof. Betania Groba Martínez e Laura Nieto Riveiro. 29 de marzo, de 17 a 19 h.
- Sesión práctica. 30 de marzo, de 17 a 19 h.