venres. 16.05.2025
El tiempo

Carballo transforma a rúa Martín Herrera

Carballo transforma a rúa Martín Herrera
As maquinas traballan dende o pasado martes no acondicionamento da rúa Martin Herrera de Carballo As máquinas traballan dende o pasado martes no acondicionamento da rúa Martín Herrera de Carballo Xa está en marcha o proceso de peatonalización da rúa Martín Herrera de Carballo. Construcciones López Cao é a encargada de realizar as obras por un importe de 296.692 euros con IVE incluído. Os traballos consisten na transformación da rúa nunha vía peonil, a reordenación da circulación e das zonas de estacionamento, a renovación da rede de saneamento, a de pluviais e o soterramento dos servizos de electricidade e telefonía. A actuación implica tamén a colocación dun novo pavimento que permitirá unha circulación mixta, así como a eliminación do peche que rodea a igrexa parroquial de Carballo. Como consecuencia, son varias as rúas as que están pechadas ao tráfico - debidamente sinaladas - co fin de facilitar os traballos. Ruas pechadas ao trafico en Carballo Rúas pechadas ao tráfico en Carballo Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios