Un maratón de actividades para #SalvaroCasino

O 8 de marzo é o gran día do xuízo pola propiedade do edificio do Casino 1889 de Carballo. E para demostrar todo o que perdería a vila, a Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños prepara unha completa fin de semana cun Maratón de Actividades.
Arrincará a acción o sábado 5 ás 11:00h é o café e a lectura do noso Manifesto 'Salva o Casino’. Ás 12:30h haberá sesión vermú coa banda Perfusión que mestura música e baile galego coa música e danza africana.
Pola tarde haberá actividades para público familiar e infantil, que requieren reserva previa (limitaremos o aforo) escribindo a casino1889@gmail.com ou ao 645 896 772. Ás 17:00h espectáculo de maxia a cargo do Mago Álex, asistencia con previa reserva e ás 18:00h obradoiro de teatro para nen*s de 5 a 12 anos, asistencia con previa reserva.
Pola noite haberá música e festa para adultos, ás 20:00h Micro-concertos con distintos artistas e ás 22:30h comezará a festa con sesión dj.
Non queda aí a cousa e o domingo teñen programada a partir das 12:30h unha sesión vermú con FOLIADA na que asistirá a Escola do Alprende e todas as persoas que queiran traer o seu instrumento, unirse a tocar, a bailar ou a desfrutar!
NOVAS SOBRE O XUÍZO DO CASINO
- 28-02-022: A presión inmobiliaria ameaza o emblemático Casino de Carballo.
- Febreiro 2022: Un mes para salvar o Casino.
- Abril 2020: O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar.
- Marzo 2020: Xa hai data para o xuízo do edificio do Casino: “Contamos coa baza social para vencer á especulación”.
- Febreiro 19: O Casino 1889 quere recuperar o seu mítico bar e afía armas para o xuízo pola propiedade.
- Setembro 18: A “Xente Bonita” salva o Casino
- Agosto 18: Os socios e colaboradores salvarán o Casino cos seus microcréditos.
- Outubro 18: O Casino de Carballo, ou como a cultura pode ser pasto da especulación
- Abril 18: O Casino renace coas portas máis abertas que nunca.
MÁIS NOVAS
- O Casino, de documental galego en documental galego.
- O Casino1889, cheo de actividades durante a semana.