martes. 17.06.2025
El tiempo

O CCA "rula" este sábado 1300 euros en premios na praza de Carballo

O Centro Comercial Aberto Que Rule que rule
O Centro Comercial Aberto Que Rule que rule
O CCA "rula" este sábado 1300 euros en premios na praza de Carballo

Este sábado 7 de xuño, a Praza do Concello de Carballo volverá ser escenario dunha xornada de compromiso co comercio local. Chega unha nova edición da campaña “Que rule, que rule!”, organizada polo Centro Comercial Aberto (CCA), que nesta ocasión logrou reunir a preto de 60 comercios participantes e o apoio de 70 empresas colaboradoras.

A gran protagonista será, unha vez máis, a ruleta dos premios, que estará en funcionamento durante todo o día en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas

Máis de 1.300 premios directos

As persoas que compren entre o 23 de maio e o 7 de xuño nalgún dos comercios participantes recibirán boletos para probar sorte na ruleta deste ano, que acada xa a súa sexta edición. Máis de 1.100 premios directos serán repartidos entre as persoas que se acheguen a probar sorte.

Entre os agasallos haberá experiencias gastronómicas como almorzos ou ceas en bares e restaurantes locais; de ocio e benestar, entre as que destacan as sesións de piscina termal, clases de surf ou as relacionadas coa saúde e a beleza como limpezas bucais, cosmética, etc. Así mesmo, as persoas participantes tamén poderán gañar premios directos como xeados artesáns, chocolate, café, cestas gourmet, lotes de produto, vales de compra e ata complementos de hixiene para as mascotas.

Comercios participantes

A saia da Carolina Store, Akira, Aloe Herboristería, Atelier, Atmósfera sport, Avanty Publicidad, BeCool, Benetton, Buy&Sell, Calvelo Regalo, Calzados Susa, Cenor Carballo, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Confitería San Luis, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip Carballo, Doces Soños, donClip.es, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Federópticos Nicolás, Ferretería Arán, Florida Centro Joya, Floristería Taibo, Informática Valem, Jorge Moda, Joyería Calvelo Seoane, Joyería Rafa Vila, La casita de Lu, Lencería Mª José, Libraría Clarión, Madeixalazos, Maker Store by Allnet, Maluca Lobe, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Necos, O barco dos soños, Opticalia Enríquez, Oro Express, Peluquería Beni, Purificación Lema Centro de estética, Refugallo Zero, Retoños, Teirón,Teirón muller, Teirón infantil,Todo Lar, upa! Espazo barefoot, Vessali Joyería, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.

Empresas colaboradoras

A Cova, A Xamonería, Adega O´Lagar, ArtSurfCamp, Asador Pedra Furada, Autoservicios Familia, Balneario Carballo, BeCool, Benetton, Boa Estrela, Bodegas Carballo, Buy&Sell, Café Colón, Café-Bar Ranqui, Cafés Lúa, Cafetería A Milagrosa Fórum, Cafetería Carty, Cafetería Mercado, Cafetería-panadería Narúa, Caninmaxcoco, Cangatiño, Casa Francisco, Centovintanove, Chocolates Mariño, Clarión Librería, Confitería SanLuis, Dequip, Doces soños, donClip.es, Dulce Sweet, Emiliano Moda, Florida Centro Joya, Forno Novo panadaría, Froiz supermercados, Fundación Luis Calvo, Gadis, Informática Valem, Jorge Moda, La casita de LU, Lencería Mª José, Lenda, Madeixalazos, Maloserá restaurante, Maluca Lobe, Mesón A Cabaña, Mmmm! Xeados, Modas Suárez, O Mexillón, Oito bar, Ortodix, Panem panadaría, PanIgnacio, Parrillada A Lareira,  Päua Surf, Kite & Explore, Pementa Rosa Restaurante, Pizzería Vesubio, Pulpería e catering Porta, Refugallo Zero, Restaurante Albaroque, Río Sil asador, SanBrandán, Sweet Spirit, Tasca A Pedra, Teirón, upa! Espazo Barefoot, Valle Inclán Café, Zapatillería Isabel, Zocas e Zuccaro.

Máis novas

Comentarios