martes. 10.06.2025
El tiempo

Chega o Verán Cultural a Carballo

Chega o Verán Cultural a Carballo
carballo_veran_cultural_2014 Desde esta fin de semana ata o vindeiro 29 de agosto, Carballo programa o Verán Cultural 2014, dez fins de semana con actividades de carácter lúdico e cultural que ben merecen unha visita á vila. Dende o Festival Sereas e Piratas ata o Festival de Música e Baile tradicional, hai espectáculos para todos os públicos. Amancio Prada, Rodrigo Romaní, Begoña Riobó e María do Ceo son algúns dos artistas que actuarán na vila este verán, pero tamén haberá actividades para os máis pequenos, teatro ou mesmo maxia. Do 28 ao 31 de agosto, as actividades compleméntanse coa xa tradicional Praza dos Libros, unha feira litararia e artística na que se programan catro intensos días cheos de actividades. A maior parte dos espectáculos deste Verán Cultural 2014 terán lugar nos Xardíns Municipais e na Praza do Concello e serán gratuítos para todos os asistentes. O programa completo pode descargarse aquí.

Comentarios