luns. 11.05.2026
El tiempo

O CMUS e o IES Isidro Parga Pondal comezan os ensaios xerais para un novo concerto didáctico

 

Conservatorio Carballo co IES Parga Pondal
O CMUS e o IES Isidro Parga Pondal comezan os ensaios xerais para un novo concerto didáctico

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo e o IES Isidro Parga Pondal ultiman xa os preparativos dunha nova edición do concerto didáctico dirixido ao alumnado de educación primaria da comarca de Carballo.

Os ensaios xerais comezaron este venres, 8 de maio, na Peixeira do IES Isidro Parga Pondal, espazo no que alumnado e profesorado das dúas institucións traballan conxuntamente para ofrecer unha experiencia musical e educativa de gran valor para os máis novos.

O concerto terá lugar o vindeiro xoves, 14 de maio de 2026, en dúas sesións programadas ás 11:00 e ás 12:30 horas, coa participación de centos de escolares procedentes dos distintos centros educativos da comarca.

Nesta edición, a dirección musical correrá a cargo de Paulo Padrón Santamarina, responsable tamén dos arranxos de todas as pezas que se interpretarán durante o concerto. A presentación e condución do evento será realizada por Hadrián García, quen acompañará ao público ao longo desta proposta didáctica e musical.

Esta iniciativa consolídase un ano máis como unha proposta cultural e pedagóxica de referencia, fomentando o achegamento da música ao alumnado de primaria e promovendo a colaboración entre institucións educativas.

Desde a organización destacan o esforzo e a implicación de todo o alumnado e profesorado participante, así como a importancia de seguir impulsando actividades que acheguen a música á comunidade educativa.

Tameń reseñar que nesta ocasión dirixirá a todo o elenco de intérpretes Paulo Padrón Santamarina, arranxador de todas as pezas que se interpretarán no concerto que será conducido por HAdrián García

Que a música non pare! 🎶

Comentarios