Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os coles carballeses reciben un feixe de libros de autor@s locais

libros_coles_carballo-2022
Os coles carballeses reciben un feixe de libros de autor@s locais

Boa inciativa do Concello de Carballo que vén de entregar, como cada ano por estas datas, un lote de libros de autores e autoras locais. Un xeito de apoiar a creación local, a nosa lingua, e achegar @s nos@s creador@s á rapazada da vila.

Así, os centros educativos poderan incorporar aos fondos das súas bibliotecas as últimas publicacións feitas en Carballo e na comarca.

Ademais da promoción da literatura dos nosos creadores, o Concello de Carballo tamén traballa de maneira continuada na difusión do libro e da lectura a través de iniciativas como a Semana do Libro e a Lectura o a próxima Praza dos Libros, xunto con actividades moi diversas que se desenvolven ao longo de todo o ano nas bibliotecas municipais.

Comentarios