martes. 23.09.2025
El tiempo

O Concello de Carballo faise cos terreos da Pedra Moura de Aldemunde para seguir o fío do Parque do Megalistismo da Costa da Morte

Dolmen de Aldemunde
Dolmen de Aldemunde
O Concello de Carballo faise cos terreos da Pedra Moura de Aldemunde para seguir o fío do Parque do Megalistismo da Costa da Morte

Avanza paseniño o Parque do Megalistismo da Costa da Morte. A Deputación, como impulsora do proxecto, invitaba na última xuntanza aos concellos a facerse coas propiedades colindantes dos elementos protexidos para realizar as actuacións necesarias. 

Así acontece en Carballo, onde a Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para actuar no xacemento arqueolóxico da Pedra Moura de Aldemunde, un dos máis grandes de Galicia.

O proxecto afecta a cinco propiedades de solo rústico de protección do patrimonio e/ou agropecuaria, cunha superficie total de 7.241 metros cadrados e unha valoración de 27.675,10 €.

Tras a aprobación inicial do expediente, o Concello de Carballo procederá á notificación individual ás persoas interesadas para que poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

Comentarios