Un concurso de microrrelatos para pasar a corentena

Bo momento para poñernos a escribir. Así o entende a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, que convoca o “I Concurso de microrrelatos #carballomola" a través do seu Instagram.
Serán en galego, e de 77 palabras como máximo, sen contar o título, e a temática será o confinamento. Acompañarase unha fotografía, ilustración, vídeo ou similar que garde relación co texto. As persoas que queiran participar publicarán os micorrelatos nas súas contas persoais, etiquetando a @carballomola. No texto incluiranse os hagstags #carballomicrorrelatos, #normalizaciónlingüísticacarballo e #carballomola..
O prazo para participar estará aberto dende o 9 ata o 22 de abril de 2020. O microrrelato que acade máis “gústame” ata as 24.00 horas do 22 de abril será o gañador do concurso.
O nome do gañador ou gañadora farase público o xoves 23 de abril, Día do Libro, e o premio será un lote de produtos co logotipo “Eu quero a Carballo” e un vale de 150€ para gastar en librarías de Carballo.
Cultura contra o confinamento
- O documental da viaxe de Ruth Matilda Anderson en aberto:
- Fede Pérez e Marcos Pereiro, Os Tristes, alégrannos a corentena cos seus temazos.
- #ACulturaSegue: Por que Galicia dedica o Día das Artes a Domingo de Andrade.
- #QuedanaCasa: Guía de recursos didáticos e contidos culturais para pasar o tempo.
- O Museo do Pobo Galego proxecta os filmes do MICE na rede.
- Luar na Lubre sumérxese nos bosques de Dumbría co Vákner.