Venres. 30.09.2022
El tiempo

O Consello Parroquial de Oza volveu servir de enlace entre veciñanza e Concello

Consello Parroquial de Oza-Carballo
O Consello Parroquial de Oza volveu servir de enlace entre veciñanza e Concello

Tralo parón estival, a veciñanza carballesa volve participar na vida política municipal nunha nova serie de Consellos Parroquiais.

A primeira cita foi en Oza, onde a principal demanda da veciñanza é a construción dunha senda peonil na estrada provincial para solucionar os problemas de inseguridade viaria na zona do centro social.
O alcalde, Evencio Ferrero, explicou que a demanda está trasladada á Deputación da Coruña dende hai tempo, e que, de feito, o organismo provincial comprometeuse a enviar un equipo técnico para ver as posibles solucións. En calquera caso, volverá insistir.

Tamén se informou da Lei de Prevención de Incendios e da necesidade de manter as franxas limpas de maleza nas parcelas que estean a menos de 50 metros das casas.

Tamén saíron a colación as alegacións ao parque eólico do Monte Neme ou a creación da comunidade de montes de Oza. Con respecto a esta última, o obxectivo é buscar alternativas ao modelo actual de aproveitamento forestal de xeito coordinado con outras comunidades de montes e que a veciñanza recupere os terreos dos que se
apropiou o Estado durante a ditadura. O goberno apoiará a súa creación.

comentarios