Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Constituída en Carballo a Fundación Manuel Facal

Manuel Facal nunha entrevista en CorroTV
Manuel Facal nunha entrevista en CorreoTV
Constituída en Carballo a Fundación Manuel Facal

Este agosto constituíuse en escritura pública a Fundación Manuel Facal, entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a conservación, promoción e difusión da obra do artista carballés Manuel Facal, así como da arte contemporánea en xeral.

O autor carballés (único carballés vivo cunha rúa ao seu nome), residente en Andalucía, ve así como a súa terra recoñece o seu traballo. De feito, a Fundación terá a sua sede permanente en Carballo, nun edificio que será rehabilitado como Museo Manuel Facal, que albergará boa parte da obra do artista carballés, entre pinturas, gravados e esculturas, e o Padroado da Fundación Manuel Facal está presidido polo propio artista, mentres que como vicepresidente figura Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e como secretario, Jorge Mareque Facal.

Entre as actividades que desenvolverá a Fundación destacan a edición de publicacións, exposicións, congresos e ciclos de conferencias sobre arte contemporánea, que converterán a Carballo nun referente da arte contemporánea actual.

A Fundación agarda contar co apoio de institucións públicas como o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como de empresas privadas, para a creación deste novo espazo museístico.

Máis info en www.manuelfacal.com

Novas relacionadas

Comentarios