Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Gravando co artista integral

Gravando co artista integral
Manuel Facal no obradoiro de Carballo de gravado

Cóntannos hoxe dende Carballo como vai o Obradoiro de gravado que están a desenvolver no Forum. I é que non o imparte calquera. Manuel Facal pasa por ser o artista carballés máis internacional e un dos gravadores galegos máis coñecidos, con obra en varios países do mundo. Gravador, escultor, pintor… a súa variedade artística o convirte nun auténtico , artista integral.

Dende o 19 de novembro, e nos vindeiros meses, o carballés imparte o curso a dous grupos, de seis e de oito persoas (artistas locais da zona), e en xaneiro impartirálle aulas a un terceiro grupo. Cada grupo ten clase con el dous días á semana. A meirande parte son pintores da zona de Bergantiños de entre 30 e 40 anos, polo que o futuro do gravado ten boas perspectivas.

O propio artista tense recoñcido admirador dos Picasso, Dalí ou o propio Urbano Lugrís, e xa de cativo utilizaba o xiz de cores para demostrar a súa arte nas rúas e paredes. Xa tiña madeira de artista.

Emigrar para crecer

Pero coma outros moitos artistas da zona (véxase a proposta vimiancesa">"Orgullosos do noso"), para crecer tivo que emigrar. Xa non só por España adiante, Manuel Facal tivo que ir a Londres para aprender a arte de gravar, fuxindo dunha Galicia inmersa na postguerra sen demasiadas espectativas.
A pesar de pasar media vida fóra (pasa 3 ou 4 meses ao ano en Carballo), considera fundamental na súa personalidade elementos básicos como "o mar, a costa e os prados da zona", como demostran as súas obras doadas de O Escalo e O Peixe que locen na capital bergantiñá.

Fala con claridade é considera que o a situación artística galega é "moi mala, porque baixou a demanda e o interese, fundamentalmente por fundacións, por concellos, por bancos, caixas e museos". Pero é que a crise non perdoa. E o peor, esta situación corta a ilusión e el mesmo xa se decata que a mocidade xa non se pode permitir nin sequera "sobrevivir" da arte, que esto de "vivir de" xa parece un luxo.

Gravando con Manuel Facal

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios