![A mostra exhibiráse na Artissima Art Gallery entre o 4 e o 15 de novembro]()
A mostra exhibiráse na Artissima Art Gallery entre o 4 e o 15 de novembro
Xa é a segunda vez no que vai de ano que o artista
Manuel Facal (Carballo, 1943) expón a súa obra "Círculos" nos emiratos árabes. Nesta ocasión, farao na
Artissima Art Gallery de Dubái.
Esta exposición individual, que se inaugura hoxe e que permanecerá aberta ao público ata o 15 de novembro, Manuel Facal presenta unha mostra da súa colección de obras circulares que se caracterizan polo uso dunha técnica mixta sobre lenzo cosido.
Estes cadros, en forma de circunferencia e de 170 centímetros de diámetro, rompen coa estética convencional e predeterminada xa que, segundo indica o autor, "o círculo é unha figura máis aberta e expansiva que expresa movemento".
A galería na que expón Facal é coñecida por mostrar traballos exclusivos de artistas estadounidenses, mexicanos, latinoamericanos, europeos e asiáticos.
Xa no pasado mes de abril,
o carballés estivo presente na feira World Art Dubai, na que participaron artistas de 25 países.
Sobre o autor
Manuel Facal formou parte do movemento "Atlántica" que nos anos 80 proxectou a súa persoal visión da arte. As súas exposicións de pintura e gravado, tanto individuais como colectivas, estiveron por diversos lugares (Nova York, Londres, Puerto Rico, Noruega, Sudamérica,...).
Novas relacionadas
Máis información
Fonte