Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Rúa do Hórreo, a Rúa da Arte

Manolo Eirin e Manuel Facal diante do escaparate galeria do 8 Bar
Manolo Eirí e Manuel Facal diante do escaparate do 8 Bar, que acolle unha obra de Facal
A Rúa do Hórreo, a Rúa da Arte

Coa idea de promover unha cultura segura, o galerista Manolo Eirín e o artista Manuel Facal veñen de unir forzas para convertir a Rúa do Hórreo de Carballo nunha auténtica galería de arte a ceo aberto. O primeiro propuxo a idea, e moveu os contactos, o segundo puxo as súas obras máis grandes e impactantes, para que os escaparates de 7 establecementos da emblemática rúa carballesa se convirtan en salas de museo.

”A intención é que a xente poida disfrutar da cultura, poida ver as súas obras sen ter que entrar en ningún local, encherse de xel, andar con coidado… e que lles faga pensar” explica Eirín. “Pensamos en espallar as obras por escaparates de todo Carballo, pero finalmente preferimos centrarnos nesta rúa para convertila nunha Galería de Arte. Son obras moi grandes, redondas, de case 2 metros, moi vistosas, que locen moi ben nos escaparates dos establecimentos”.

As obras están nos escaparates de General Óptica, Inxenia, Box, Xoiería Manuel María, LD Ideas Interiores, Zocas e o 8 Bar.

Manuel Facal cunha das suas obras expostas na rua do Horreo

Novas relacionadas

Comentarios