Venres. 29.03.2024
El tiempo

Contos da horta para traballar a maduración psicoafectiva e previr condutas de risco na adolescencia

A psicologa de Vieiro Patricia Rodríguez Villar leva os contos da horta aos coles
A educadora social Miriam Romero Traba leva os contos da horta aos coles
Contos da horta para traballar a maduración psicoafectiva e previr condutas de risco na adolescencia
Aos 8 ou 9 anos, as nenas e os nenos aprenden a pensar por si mesmos e a actuar de xeito independente. É fundamental nesta etapa apoiar esa maduración psicoafectiva para resistir con máis afouteza a presión grupal na adolescencia, e evitar así caer en condutas de risco.

Unha das chaves é aprender a identificar as emocións, coñecer os sentimentos, e saber expresalos sen medo, así como respectalos.

Eses son obxectivos principais do novo programa escolar da Asociación Vieiro. A entidade comezaba a semana pasada no CEIP Bergantiños de Carballo o programa “Na Horta cos meus amigos/as“. O alumnado de 3º e 4º de Primaria recibiron á educadora social Miriam Romero Traba, que chegou cargada de contos.

Contos especiais nos que os protagonistas son hortalizas, e onde se relatan situacións persoais que requiren unha solución e que son similares ás que viven os nenos nesta etapa evolutiva.
A través destes contos trabállanse de forma lúdica diferentes temas: os medos, as burlas, os prexuizos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

Con esta iniciativa trátase de potenciar os factores de protección: autoestima, responsabilidade, autonomía, afrontamiento, aceptación da diferenzas, regulación de emocións, etc., e de anular/reducir os factores de risco co fin de que estean preparados/as, protexidos/as e en condicións de rexeitar a oferta de consumo de sustancias, á que probablemente veranse expostos/as na adolescencia.

Comentarios