Vieiro axuda ao alumnado de Carballo a construír o seu mundo
12:20 21/01/20
Iniciou xa a semana pasada a Asociación Vieiro, o programa de Habilidades Sociais e Persoais “Constrúe o teu mundo” nos centros de ensino de Carballo. O alumnado de entre 12 e 16 anos (de 1º a 4º da ESOL) xa reciben as sesións, dentro do programa de Prenveción Escolar, dos profesionais Adrián López Agra, Patricia Rodríguez Villar e Dalila Vizcaíno Regueira.
O programa Constrúe o teu mundo está dividido en tres bloques:
- 1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria.
- 2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable.
- 3.- Ti elixes no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso.
Cada semana, durante todo o segundo trimestre, o alumnado recibirá unha sesión de 55 minutos, gracias á boa colaboración dos centros..
Novas relacionadas