Convocan unha reunión para unirse ao voluntariado FIOT

Voluntari@s no FIOT do 2022 Foto ©Vanesssa Rábade

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo - FIOT abre a convocatoria para a búsqueda de voluntarias e voluntarios para a súa nova edición, a número 32, que se extenderá do 28 de setembro ao 31de outubro de 2023.

A reunión para todas as persoas que desexen formar parte da iniciativa terá lugar este mércores, 20 de setembro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo (2º andar).

Se che gusta a escena, se queres achegarte ao teatro desde dentro, se che apetece colaborar cun dos eventos culturais máis importantes de Carballo, se queres facer novas amizades e compartir inquedenzas co equipo de voluntarias e voluntarios do #FIOT32, anímate a ver o teatro dende dentro.

Novas do FIOT