10.000 asistentes para a 31 edición do FIOT

Pechou o telón a 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Fíxoo en diferido, por uns problemas técnicos que obrigaron a adiar a obra 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', do CDG e Ainé Producións. Pero o balance non pode ser máis positivo, refrendando que temos un dos 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia.
Preto de 10.000 asistentes (de diferentes idades e diversas procedencias) ás 60 funcións (de 39 espectáculos) e 20 actividades paralelas (Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Fiotiño, FIOTeen) así o ratifican. Destacou o programa de exhibición do FIOT, con 6.839 espectadores durante as 5 semanas de festival.
Dúas compañías internacionais, procedentes de Italia e Arxentina, e de 8 comunidades autónomas (Galicia, Illas Baleares, Navarra, País Vasco, Madrid, Castela e León, Comunidade Valenciana e Cataluña) dan conta da diversidade do festival.

As e os asistentes ao festival emitiron un total de 1429 votos e avalaron a programación de espectáculos cunha valoración moi positva, sendo a media de 4,3651 puntos sobre 5 (o que se trasladaría a un ‘notable moi alto’). Foi a obra ‘Eclipse total’, da compañía Pont Flotant, acadou a máxima puntuación entre as asistentes ao Programa de Sala, ao obter un 4,5 puntos sobre 5.
Ademais, ‘Menú-do día’, da compañía Colectivo #ChamizoBelloVila, gaña o galardón ao Mellor Espectáculo no VI Certame de Micro-escenas Metro Cadrado, no que Alba Nogueira, de Cacharela Teatro, acadou o premio á Mellor Interpretación polo seu traballo en ‘Actriz, chora’.
NOVAS do FIOT 22
- Blanca Portillo recibiu o seu Premio do Público do FIOT.
- Evaristo Calvo recibiu o Xograr de Outono 2022.
- 31 anos do FIOT = 30 de Mofa e Befa
- O FIOT estreou a 31ª edición lembrando a Pedro Brandariz.
- A coprodución carballesa ‘Wombo Combo’ de Galeatro, exemplo da aposta polo talento local no FIOT,
- FIOT 22: Nace "Onda FIOT", un novo espazo web para as iniciativas de teatro sonoro.
- FIOT 22, Presentación: “O FIOT é moito máis que unha programación de espectáculos. É un motor para as artes escénicas galegas”.
- FIOT 2022: Leo Bassi será unha das estrellas da nova edición da FIOT.
Máis novas do FIOT
- Febreiro 22: O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia.
- 2021: Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30.
- 2021: A rúa ten vida no FIOT de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.