Evaristo Calvo recibiu o Xograr de Outono 2022
Espectacular a fin de semana carballesa no marco do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Houbo de todo estes días pero os grandes protagonistas desta 31ª edición son Mofa e Befa. A compañía costeira estreou o venres a obra ‘Pirolíticos’, coproducida polo festival, e despois dos aplausos enormes pola obra, a organización fixo entrega do seu galardón Xograr de Outono a Evaristo Calvo.
Ademais desta estrea absoluta de ‘Pirolíticos’, o FIOT celebra os 30 anos de Mofa e Befa coa exposición 'Trinta anos de Mofa e Befa', que percorre as tres décadas de traxectoria sobre os escenarios do dúo cómico conformado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira. A mostra poderase visitar até o 14 de novembro no Pazo da Cultura de Carballo, na Sala de Exposicións do andar -1 do recinto (fronte o auditorio), no seu horario habitual de apertura o público.
E para completar o triángulo, xa case está finalizado o mural conmemorativo deste 30º aniversario de Mofa e Befa que está a realizar o artista urbano Yoseba MP, froito da colaboración entre o FIOT e o proxecto Derrubando Muros con Pintura que impulsa a Concellería de Turismo de Carballo.
NOVAS do FIOT 22
- 31 anos do FIOT = 30 de Mofa e Befa
- O FIOT estreou a 31ª edición lembrando a Pedro Brandariz.
- A coprodución carballesa ‘Wombo Combo’ de Galeatro, exemplo da aposta polo talento local no FIOT,
- FIOT 22: Nace "Onda FIOT", un novo espazo web para as iniciativas de teatro sonoro.
- FIOT 22, Presentación: “O FIOT é moito máis que unha programación de espectáculos. É un motor para as artes escénicas galegas”.
- FIOT 2022: Leo Bassi será unha das estrellas da nova edición da FIOT.
Máis novas do FIOT
- Febreiro 22: O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia.
- 2021: Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30.
- 2021: A rúa ten vida no FIOT de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.