Un Xograr moi titiriteiro
Queda menos para o comezo desta 23ª edición do FIOT, o festival de teatro máis importante da volta. Hoxe falamos dun dos protagonistas, o Xograr de Outono, que se o ano pasado recaía, a título póstumo, no bo Xosé María Olveira Pico, este ano tócalle a outro grande da escena galega.
Un Xograr que serve de nomeamento honorífico outorgado pola organización do FIOT para recoñecer, preservar e difundir a importancia do homenaxeado para o desenvolvemento do teatro en Galicia.
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, fundador da compañía Tanxarina Títeres hai máis de 30 anos, recibirá o Xograr de Outono 2014.
Un nomeamento que quere recoñecer a labor de “Tatán” como titiriteiro, actor, dinamizador… I é que foi tamén un dos impulsores dos primeiros festivais de marionetas de Galicia, como Redondela.
A entrega será o sábado 25 de outubro ás 21:00h, previsto ao inicio da función de turno, neste caso A Tempestade, da compañía galega Voadora.
Máis información
Novas relacionadas
- O Fiotiño, ou como soñar unha noite de teatro.
- O 23º FIOT revisa os clásicos coas mellores compañías de España.
- Mofa e Befa inaugurarán o FIOT máis Voluntario.
- 2014: Xa está en marcha o FIOT 2014.
- 2014: O FIOT adica a súa XXIII edición os grandes clásicos.
- 2013: Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
- 2013: Un xograr de ouro para Pico.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FIOT.
- Concello de Carballo.