O FIOT, o mellor proxecto cultural de Galicia de 2022 segundo Fundación Contemporánea
21:22 01/02/23
O ano pasado estivo entre os 10 mellores. Pero este 2022, o ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea non se puido resistir e vén de recoñecer o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) como o mellor proxecto cultural galego de 2022, superando eventos como Festival Sinsal, Cidade da Cultura, Cineuropa, CGAC, Festival de Cans ou WOS Festival, entre outros.
O FIOT recibiu, ademais, a distinción de ‘Insignia Cultural’ de honra da comunidade galega, un premio que comparte con 17 propostas de todo o estado.
O prestixioso festival xuntou 10.000 asistentes na pasada edición entre os 39 espectáculos ao longo de máis dun mes de diversa programación.
NOVAS do FIOT 22
- 10.000 asistentes para a 31 edición do FIOT
- Blanca Portillo recibiu o seu Premio do Público do FIOT.
- Evaristo Calvo recibiu o Xograr de Outono 2022.
- 31 anos do FIOT = 30 de Mofa e Befa
- FIOT 22, Presentación: “O FIOT é moito máis que unha programación de espectáculos. É un motor para as artes escénicas galegas”.
Máis novas do FIOT
- Febreiro 22: O FIOT, entre os 10 eventos culturais máis relevantes de Galicia.
- 2021: Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30.
- 2021: A rúa ten vida no FIOT de Carballo
- 2020: A innovación do #FIOTenpausa achegou o teatro ás novas xeracións.
- 2019: As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia.
- FIOT 2018: O FIOT, o maior festival de teatro de Galicia, pecha cun 98% de ocupación achegándose á mocidade.
- Setembro 2018: O FIOT recibe o premio da Cultura Galega de Artes Escénicas.