Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corenta persoas de dezasete nacionalidades comezan en Carballo a coñeceren a lingua e cultura galegas

Corenta persoas de dezasete nacionalidades comezan en Carballo a coñeceren a lingua e cultura galegas
http://www.youtube.com/watch?v=3DJ87Hlqtpk Colombia, Honduras, Italia, Uruguai, Venezuela, México, China, República Dominicana, Perú, Brasil, Cuba, Paraguai, Romanía, Senegal, Bolivia ou Canadá son algúns dos países de procedencia das case 40 persoas que comezan hoxe en Carballo un Obradoiro para o acollemento lingüístico e cultural organizado polo Servizo de Normalización Lingüística. Catro continentes estarán representados neste obradoiro dirixido a personas que non naceron en Galicia pero que queren coñecer a nosa lingua e costumes para acceder a un mellor traballo ou simplemente polo pracer de saber e coñecer novas culturas. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, formará a os participantes ata o vindeiro día 3 de abril poñendo en marcha diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa ou a xeografía. Tamén para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa. Obradoiros coma este xa se veñen realizando en Carballo desde o ano 2005, cunha moi boa acollida e con bos resultados. Na última edición desenvolvida, que tivo lugar en novembro de 2012, as persoas participantes gravaron o vídeo “Nov@s galeg@s que queren falar galego”, que tivo moito éxito na rede, e que acompaña esta nova.

Outras novas

  • Aprendendo a cantar nanas en Galego
  • Rapazas e rapaces de Carballo participan no clube de debate en galego
  • Comentarios