Luns. 29.04.2024
El tiempo

Non todos os Concellos pediron axudas de Normalización

Non todos os Concellos pediron axudas de Normalización
Servizo de Normalizacion Linguistica

Publica hoxe a Deputación as axudas para os Servizos de Normalización Lingüística dos Concellos. Unha convocatoria aberta a concellos de máis de 7.000 habitantes (poden concurrir en conxunto para alcanzar esta cifra) e de menos de 50.000 habitantes, polo que eran ideais para a nosa bisbarra.

Pero curiosamente notamos que non todos os Concellos da volta solicitaron estas axudas, unha vez que todas as solicitudes presentadas contan co informe favorable da Deputación. Deste xeito, non se presentaron Cabana, Malpica, Laxe, Camariñas, Carnota e Ponteceso.

Si recibirán uns 6.000 euros para as retribucións dos técnicos lingüísticos durante esta anualidade, os Concellos de Carballo, Cee e Muros, e os mixtos formados por Dumbría-Muxía, Fisterra-Corcubión e Zas-Vimianzo.

Cómpre destacar que a finalidade destes departamentos nos concellos é fomentar e consolidar o uso e prestixio da lingua con accións destinadas ao conxunto da sociedade e tamén, no ámbito administrativo, para que garantan a súa proxección e a súa visibilidade en todos os ámbitos do termo municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios