mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Coruña rendeu homenaxe aos represaliados exhumados do cemiterio de Bértoa

Martires Bertoa-CTO_DE_ENTREGA_RESTOS_MORTAIS_REPRESALIADOS-Coruna
. O acto foi presidido pola voceira da ARMH en Galicia, Carmen García Rodeja, a alcaldesa Inés Rey, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, escoltadas por numerosos familiares
A Coruña rendeu homenaxe aos represaliados exhumados do cemiterio de Bértoa

O Pazo de María Pita, na Coruña, acolleu esta mañá o acto institucional de entrega dos restos mortais de tres veciños da cidade represaliados durante o franquismo en 1936: Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, asasinados e soterrados nunha fosa común no cemiterio de Bértoa, en Carballo.

exhumación foi realizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en setembro de 2023. 
Os restos dos tres represaliados foron entregados ás súas familias en caixas cubertas coa bandeira de Galicia e unha rosa vermella. Posteriormente, foron trasladados aos cemiterios de San Cristovo das Viñas (A Coruña) e Montouto (Abegondo), onde recibiron sepultura digna xunto aos seus familiares.

O acto contou coas intervencións das familias das vítimas: Carolina Pinilla, sobriña neta e bisneta de Andrés e Pedro Pinilla; e Dolores Pujol, sobriña política de Juan Boedo, en representación da familia Boedo. Tamén interviñeron o vicepresidente da ARMH, Marco Antonio González, o poeta Miguel Anxo Fernán-Vello, e a veciña de Bértoa, María Díaz, que puxo voz á memoria popular gardada durante décadas na parroquia.

Máis novas

Comentarios