Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O CSIF volveu gañar unhas eleccións sindicais no Concello que Carballo que tiveron á Alternativa como a gran novidade

Vista general de la fachada principal del ayuntamiento de Carballo	aec
O CSIF volveu gañar unhas eleccións sindicais no Concello que Carballo que tiveron á Alternativa como a gran novidade

O pasado 31 de xullo tiña lugar unhas novas eleccións sindicais de funcionarios/as do Concello de Carballo. Un total de 99 persoas estaban chamados a votar, e foron 82 votos emitidos (ademais dun nulo e un en bravo). Volveu vencer o CSIF, con 27 votos, e cerca quedou a nova agrupaciñon, a Alternativa, con 24 votos, polos 16 de UXG e 13 de CCOO:

A Xunta de persoa queda composta do seguinte xeito:

  • CSIF (2): Roberto Mosquera e Efrén Mallo.
  • A Alternativa (1): Vítor Recarei
  • UXT (1): José Facal.
  • CCOO (1): Mariño.

Valoración da Alternativa

O grupo sindical recentemente formado, e que feito conseguía formalizarse sobre o prazo, valora positivamente os seus resultados e afirma que xa se pon a traballar para conseguir “unha postura común en defensa dos intereses colectivos e unha aposta clara pola participación e a transparencia na xestión da política de persoal”.

Na data de onte rexistraron unha batería de propostas para o funcionamento da Xunta de Persoal no novo período 2019/2023,

A Alternativa ten presentado tamén, na pasada semana, dúas iniciativas, solicitando entrevistas co goberno municipal para tratar, por un lado, a situación do colectivo da Policía Local, e por outro, a dos/as auxiliares administrativos/as, e agarda iniciar con estas propostas un novo tempo de diálogo e negociación en defensa dos intereses de todo o persoal municipal.

Comentarios