As praias da Pedra do Sal e Razo contarán este verán cun servizo de autobús de regreso durante as fins de semana
Tras incluír o polígono de Bértoa na rede de autobuses intercomarcal, a Xunta vén de aceptar outra petición do Concello carballés para ncorporar este verán unha expedición de regreso desde a praia de Razo durante as fins de semana,
O servizo realizarase a través da expedición XG84800701013, correspondente á ruta Caión–Estación de Autobuses de Carballo, con saída ás 19.30 horas e chegada prevista ás 20.40 durante os meses de xullo e agosto. O autobús permitirá regresar desde A Pedra do Sal arredor das 19.45 h, e desde Razo, sobre as 20.15 h (horarios aproximados).
A principal novidade é que esta expedición funcionará durante as fins de semana, resolvendo o desaxuste existente ata o de agora: as persoas usuarias dispoñían de transporte público para achegarse á praia, pero non contaban cun servizo posterior que lles permitise regresar a Carballo.
