Luns. 09.09.2024
El tiempo

Denuncian ante a Valedora do Pobo a situación de abandono do xulgado de Carballo

Denuncian ante a Valedora do Pobo a situación de abandono do xulgado de Carballo
xulgado carballo O sindicato SPJ-USO Galicia denuncia a falta de persoal no xulgado de 1ª instancia de Carballo O sindicato SPJ-USO Galicia vén de denunciar ante a Valedora do Pobo a "situación crítica" que atravesa o xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº1 de Carballo que, segundo denunciaron hai uns días, necesita a adopción urxente de medidas de reforzo que permitan desenvolver o traballo con garantías. "Lembrabamos nas nosas últimas denuncias que os asuntos se van acumulando, as vítimas de violencia de xénero do partido xudicial de Carballo cada vez máis desprotexidas, derivando todo iso en que o xulgado nº 1 de Carballo cada vez estea máis afundido e tan só impide que peche as súas portas o traballo incesante de xuíz, letrado e funcionarios quen sen reparar en horarios e á conta da súa propia saúde e a das súas familias están a sacar o traballo adiante, pero a realidade é que o silencio da administración e as evasivas a canto requirimento fixemos nestas semanas reflicten un abandono deste proxecto" indican dende o sindicato. Ao non recibiren ningunha resposta á súa denuncia, SPJ-USO Galicia decidiu acudir en amparo ante a Valedora do Pobo -Milagros Otero Parga - que visitou a semana pasada Carballo, co fin de que requira á dirección xeral de Xustiza para que cumpra coas súas obrigas e adopte as medidas de reforzo necesarias que permitan afrontar o traballo con garantías.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios