venres. 16.05.2025
El tiempo

Denuncian irregularidades no servizo de vixilancia do Polígono de Bértoa e na mina de varilongo

Denuncian irregularidades no servizo de vixilancia do Polígono de Bértoa e na mina de varilongo
bocamina-varilongo-foto-elmineraldigital Bocamina de Varilongo en Santa Comba-Foto-El mineral digital

Vén de denunciar o sindicato FTSP-USO Galicia o que podería chamarse un “servizo de vixilancia low cost en dous puntos da bisbarra.

O pasado mes de Setembro o Sº de Organización da Federación de Seguridade do Sindicato USO, Iván Blanco, presentou senllas denuncias ante a Delegación do Goberno, considerando que estas instalacións “incumplían gravemente a Lei de Seguridade Privada e que os servizos de seguridade eran prestados por persoal contratado polas propias empresas, sen cualificación nin habilitación como vixiantes de seguridade”. Ademais, denunciaba que “estas empresas non están homologadas e rexistradas para estas funcións propias de Seguridade Privada”.

Tras esta denuncia, a Unidade de Seguridade Privada da Comisaría Provincial da Policía Nacional da Coruña iniciou investigacións e comprobaciós respecto diso. Como resultado, segundo informe FTSP-USO Galicia, “instruíronse expedientes sancionadores ás dúas empresas, un pola contratación e utilización de persoal de seguridade que carece de habilitación especifica necesaria a propósito (Art.154.3.c- Reglamento Seguridade Privada) e outro en materia de uso de dispositivos e sistemas de seguridade (Art.49.3-Lei 5/2014)”.

Blanco asegura que “sairán á luz máis irregularidades nesta e outras instalacións sobre as que están solicitando probas desde a súa Federación sobre a mesma materia, para poñelas a disposición da Delegación do Goberno e proceda en consecuencia”.

Fonte

  • FTSP-USO Galicia.

Comentarios