Venres. 26.04.2024
El tiempo

Desconexión, a definición perfecta da arte e paixón de José Manuel Caamaño

O talento da comarca bergantiñana ábrese camiño na Costa da Morte a través de Ponteceso Cultura Permanente.

Jose Manuel  Caamano Rus
Desconexión, a definición perfecta da arte e paixón de José Manuel Caamaño

Ponteceso Cultura Permanente, a asociación pontecesana que pon a cultura ao servizo da transformación e consolidación dos pobos, fundouse no ano 2020 e, desde entón, traballa sen descanso reclutando e dando visibilidade de xeito relevante ao talento descoñecido pero impresionante da Costa da Morte e daquelas persoas que, por unha ou outra razón, víronse cativados pola maxia do lugar converténdoa en fonte de inspiración.

Duas obras de Juan Manuel Caamano
Dúas obras de Juan Manuel Caamaño

O Café-Bar O Cruce de Ponteceso asentado na avda. Eduardo Pondal 66, converteuse en todo un referente na contorna, non só por contar con máis de 60 anos de historia senón por acoller con elegancia, agarimo e gran aceptación as obras de todo o talento emerxente da zona facilitado por PCP. Sandra e Suso, os seus entrañables rexentes, locen con orgullo e satisfacción as obras que transforman as paredes do seu negocio nunha auténtica galería de arte. Tanto así que, durante o mes de febreiro se puido gozar do estilo vintage e melancólico da exposición de fotografía e debuxo “Desconexións” de José Manuel Caamaño Pereira.

José Manuel Caamaño Pereira, máis coñecido na súa contorna por Caamaño, é oriundo de Rus (Carballo). Desde fai 25 anos a cidade herculina da Coruña converteuse no seu lugar de traballo como impresor flexográfico e no seu fogar xunto á súa muller Rosario, á que coñeceu tras finalizar o servizo militar con 22 anos, e os seus dous fillos Laura e Alex de 12 e 19 anos. Naceu fai medio século no seo dunha familia numerosa sendo o penúltimo de oito irmáns e nunha contorna rural onde realizou todo tipo de traballos propios do campo. Sempre destacou polo seu carácter alegre e imaginativo e defínese como “carallán” e extrovertido ademais de moi meticuloso.

”Cando te crías na aldea e rodeado de animais, o traballo nunca falta. Nesa época había que utilizar a imaxinación para divertirse non como agora que teñen de todo e non saben con que xogar”, recordaba José Manuel.

Aínda que nunca lle gustou estudar, quizais pola falta de motivación como el mesmo sinala, foi un neno moi participativo nas distintas funcións do colexio, obras de teatro, creacións de murales… Goza moito con cada unha das súas afeccións como a carpintería, a construción de maquetas ou as manualidades pero o debuxo e a fotografía son a súa paixón. Malia ser o seu maior crítico, reflexa con normalidade a súa natureza sensible e entrega a súa alma en cada traballo limando ata o máis mínimo detalle.

”Ségueme sorprendendo como a partir dun esbozo e coa axuda de tres ou catro lápices de distintas durezas se ññe pode dar tanta profundidade a un debuxo. A fotografía tamén me apaixona e con 22 ou 23 anos comprábame libros sobre o manexo dunha cámara réflex. Sempre me gustou o retrato. Creo que me fixo en cousas que outras persoas pasan por alto”.

Recoñece gozar da súa etapa adolescente afastado das súas afeccións as cales retomou da man do seu fillo maior e dun traballo escolar.

“Gozo moitísimo facendo estas cousas con eles e encántame o orgullosos que se van ao colexio cos seus traballos”.

Namorado do outono e da súa luz, aproveita cada momento para reproducir o estilo vintage e melancólico que lle caracteriza sen encasillarse nunha temática rutineira.

José Manuel Caamaño Pereira, o artista autodidacta que non aspira a facerse famoso pero ao que si lle gustaría vivir da súa paixón, presentou desde principios de mes a súa obra de fotografía e debuxo “Desconexións” no Café-Bar O Cruce de Ponteceso da man da asociación Ponteceso Cultura Permanente á que agradece enormemente a oportunidade de mostrar o seu traballo.

OUTROS ARTIGOS DE ALEJANDRA PLAZA

Comentarios