Sábado. 25.01.2020
El tiempo

Dez cabalgatas de Reis e máis de corenta actividades culturais para todos os públicos enchen o Nadal de Carballo

Dez cabalgatas de Reis e máis de corenta actividades culturais para todos os públicos enchen o Nadal de Carballo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron o pasado 11 de decembro o programa de Nadal que se desenvolverá  6 de xaneiro en diferentes escenarios. O concelleiro de Cultura ofreceu algunhas pinceladas do programa, no que tamén se inclúen as actividades organizadas polo movemento asociativo, e detívose especialmente nas tres propostas que integran este ano o Nadal Pequespectacular. “Temos teatro, música e monicreques, e esperamos, como pasa todos os anos, que se colgue o cartel de non hai entradas”, sinalou. As entradas poderán mercarse anticipadamente a partir do día 18 en www.eventbrite.es e tamén os días das funcións, a partir das 16.30 horas, na billeteira do Pazo da Cultura.

Nadal Pequespectacular

A proposta do Nadal Pequespectacular é a seguinte:

  • Xoves 26. A compañía sevillana A la sombrita, teatro de títeres presenta “El tesoro de la barracuda”, unha historia de piratas realizada con sombras “e unha posta en escena moi cinematográfica”, explicou Marcos Trigo. Recomendada a partir de 5 anos.
  • Venres 27. Chegará Elefante Elegante con “Patapatúm”, Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2019. A partir de 4 anos.
  • Sábado 28. Volve a Carballo Magín Blanco co gran espectáculo “A nena e o grilo máis aló”, que mestura música e teatro. A partir de 3 anos.

O Nadal Cultural de Carballo incluirá este ano máis de corenta actividades para todos os públicos, dende o concerto “Pondaliana”, programado para mañá xoves, ata os bailes para maiores con música en directo. E ademais tamén inclúe as propostas do movemento asociativo de todo o concello. A todo iso hai que sumarlle as 10 cabalgatas que se levarán a cabo entre os días 5 e 6 de xaneiro.

Toda a programación

0001 (16)

0002 (3)

Comentarios