Dous feridos tras sufrir un accidente en Carballo
07:42 06/06/18
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a dúas persoas que resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban en Carballo.
O sinistro produciuse ás 3:50 horas de hoxe na DP-1914, á altura da parroquia de Ardaña. Como consecuencia do impacto, dúas persoas, condutor e acompañante, necesitaron asistencia médica, polo que foron evacuadas por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.
Ademais, tivo que intervir o persoal de limpeza e mantemento da Deputación a causa dos danos provocados polo accidente na vía.