Venres. 26.04.2024
El tiempo

Elisa de Soto prepara un taller de mandala para reflexionar sobre o noso futuro

Elisa y el mandala
Elisa de Soto
Elisa de Soto prepara un taller de mandala para reflexionar sobre o noso futuro

O vindeiro 17 de marzo, o espazo Vivo Macramé de Carballo recibe a Elisa de Soto García para desenvolver un taller de mandala que ten como finalidade ”crear un espazo de reflexión e introspección sobre o noso futuro”.

”Este obradoiro consiste en xerar un espazo que permita aos participantes parar, desconectar do seu día a día, reflexionar, conectar cos seus soños, as súas ilusións e visualizar a súa situación ideal nun período de tempo determinado”, explica Elisa. “As persoas, independentemente da idade e do sexo, temos soños, ilusións, obxectivos, que en moitas ocasións non conseguimos, como consecuencia de xuízos ou crenzas limitantes (“non podo”, “isto non é para min”, etc. ). Este obradoiro permitirache deseñar un futuro máis desexable, así como tomar conciencia da túa responsabilidade para conseguilo e conectar coa emoción da ilusión, a posibilidade e a alegría”.

Comentarios