Venres. 29.03.2024
El tiempo

As entidades sociais bergantiñás acollen as prácticas do Obradoiro Dual “Carballo Coida”

18042022 convenio_entidades_carballo_coida (4)
Sinatura do convenio entre as entidades sociais e o Concello carballés
As entidades sociais bergantiñás acollen as prácticas do Obradoiro Dual “Carballo Coida”

Entra na segunda fase o obradoiro de emprego dual Carballo Coida. O alumnado-traballador desta práctica formativa centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, comeza o seu periodo de prácticas en empresa, traer recibir 6 meses de formación teórico-práctica.

Serán varias entidades da comarca as que acollan as prácticas das 18 alumnas e os 2 alumnos: Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Centro de día de persoas maiores Fogar de Bergantiños de Verdillo e Centro de día da Praza de Vigo.

“Cada alumno-traballador vai realizar prácticas en dúas institucións diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra”, explicou a directora do obradoiro, Esther González.

Comentarios