Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Escola do Alpendre invítanos á súa Ruada

CARTEL RUADA ALPRENDE 2023
A Escola do Alpendre invítanos á súa Ruada

Continúa moi viva a Escola do Alprende, que nos invita á súa ruada de Defuntos, que cada ano artella por outono. Este sábado 28 de outubro, a partir das 21:30h, o patio trasiro do local social de Oza acolle, cunha boa carpa, unha fermosa noite de foliada.

Haberá sorteos, bochinche, comida… a prezos populares… Pero o máis importante será a música. “Queremos recuperar o sentido das foliadas de sempre. Haberá un pequeno escenario con amplificación para que tanto o alumnado da asociación como outros grupos da contorna poidan tocar para os bailadores, os cales non deixan de aumentar ano tras ano”, explican dende a entidade.

Máis novas

Comentarios