Venres. 29.03.2024
El tiempo

Espiral Maior acolle a presentación da nova novela de Juan Galán

Espiral Maior Juan Galan
Espiral Maior Juan Galan
Espiral Maior acolle a presentación da nova novela de Juan Galán

Continúa a imparable serie de eventos que fan da sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo), un dos novos epicentros culturais de Carballo. Este venres 28 de xaneiro, ás 19.30 h., terá lugar unha nova presentación literaria, desta volta da novela “Romanza de los naranjos en flor”, obra do escritor, investigador e profesor coruñés Juan Galán.

Participarán no acto o escritor malpicán Héctor Pose, profesor da Universidade da Coruña, e o escritor e director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.

“Romanza de los naranjos en flor” está considerada como unha novela histórica na que se narra a vida de dúas personaxes que acabarán confluíndo no campo de prisioneiros republicanos no que se converteu o mosteiro de Santa María de Oia, en Pontevedra, durante a Guerra Civil española.

Comentarios