Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A estúpida moda de amorear pedras en entornos naturais

03082022 retirada_pedras_baldaio
Retirando pedras amoreadas
A estúpida moda de amorear pedras en entornos naturais

Cada vez vémolo máis, pero lembran que é unha acción perniciosa para as contornas. Esta vez é o Concello de Carballo o que lanza a alarma pola cantidade de moreas de pedras aparecidas no espazo natural de Razo-Baldaio. Son duros os responsables municipais:  "A moda de amorear pedras prexudica a especies de fauna e flora". Refírense a esa moda de facer montículos e subilas ás redes sociais sen ter en conta as consecuencias destas accións. 

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) advirten que prexudica a varias especies animais e vexetais, algunhas das cales se atopan en perigo de extinción. A píllara das dunas é unha delas.

Así, a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración cos axentes ambientais da Xunta e o servizo municipal de limpeza de praias, realiza traballos de restauración ambiental.

Para seguir desfacendo mitos, dende o Concello aseguran que "aorear pedras non ten nada que ver cos antigos milladoiros galegos nin coa cultura zen, senón que, como sinalan dende o CSIC, "estas estruturas modifican o hábitat de especies animais e vexetais, que usan rocas como refuxio ou dependen das condicións de microclima asociadas a elas,
pero ademais, como indican os axentes ambientais destinados na comarca de Bergantiños, moitas veces supoñen un reclamo para outras especies alleas á praia, como os cánidos".

Comentarios