Camariñas aumenta a súa autoestima colectiva a través das boas prácticas ambientais
Segue avanzando a campaña de concienciación ambiental que promove o Concello de Camariñas e a Asoc. Mar de Fábula. O pasado xoves 13 celebrouse no centro cultural da parroquia da Ponte do Porto a terceira reunión informativa para explicar os obxectivos da campaña e recoller as opinións e propostas da veciñanza.
Despois das palabras de benvida da alcaldesa enmarcando as liñas principais da campaña, volveuse a facer fincapé na importancia de "adoptar Boas Prácticas Ambientais como premisa fundamental para reforzar a autoestima colectiva, convivencia cívica e respecto mutuo".
Para este fin, insisstiron en cousas tan básiacs como non tirar cabichas nen residuos plásticos ao chan porque todo vai ao mar; que os donos dos cans recollan os excrementos dos seus animais e nos cuartos de baño das nosas casas non eliminar polo retrete as toalliñas húmidas nen os residuos da hixiene persoal porque atascan as redes de saneamento e, polos desbordes, cando veñen as chuvias, rematan no mar,
As toalliñas de novo
Esta vez, a Manuel, responsable de mantemento do concello, tocoulle entrar na problemática de atascos na parroquia da Ponte de Porto derivada da mala práctica veciñal de eliminar polos retretes as famosas toalliñas que xeran uns atascos enormes. Fixo en particular referencia ás “toallitas chinas” que non son máis que anacos de tela que taponan todos os condutos mais tampouco as “toalliñas biodegradables” son a solución porque tardan meses en disolverse na auga. Manuel falou dos numerosos bombeos necesarios na depuradora de Dor. Sinalou a dedicación de 4 homes e 140.000 euros para os traballos anuais e mantemento e limpeza enfatizando que, se tiveramos un comportamento responsable, todos aforraríamos costes. Contou, incrible, que unha vez atoparon nas tuberías un traxe de home ra.
No posterior e animado coloquio xurdiu toda a casuística de malas prácticas das que algunha vez fumos testigos, depósito de impropios nos contentores, acumulación de cabichas diante dalgunhas cafeterías, referencias á boa xestión dos residuos en Suiza, país ben coñecido por ser destino de emigración de moitos dos presentes, etc, etc.
Premio Nacional do Medio Ambiente
A alcaldesa comentou, como exemplo da decisión firme de levar adiante esta campaña ata o final, de presentarse no ano 2026 ao Premio Nacional do Medio Ambiente convocado polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico porque "estamos convencidos da importancia do noso obxectivo, de que estamos sementando para construir un mundo mellor, máis respetuoso co medio ambiente, co planeta e con nós mesmos", sinala Xosé Manuel Barros.
Vindeiras reunións
A 4ª e última reunión informativa aberta será na parroquia de Xaviña o luns 24 do cte. Despois seguirán reunións con colectivos como Amas de Casa, profesionais da atención a maiores, colexios, etc... Paralelamente repartirse material divulgativo.







