Venres. 26.04.2024
El tiempo

Evencio Ferrero volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Carballo

Evencio Ferrero na Asemblea
Evencio na Asemblea celebrada onte
Evencio Ferrero volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Carballo

Outras eleccións máis, Carballo vivía na dúbida (creada en moita medida pola oposición) sobre se o alcalde se ía volver a presentar para a reelección. E outras eleccións máis, Evencio Ferrero volverá estar aí. Neste 2023 cumprirá 20 anos na alcaldía, e aseguraba na asemblea do BNG carballés celebrada onte, que "concorrerá con toda a forza que outorgan a experiencia, o afecto da cidadanía e a seguridade de que o seu equipo será, de novo, o mellor".

Ferrero tivo o apoio unánime de militantes e simpatizantes, que ateigaron a sede do partido nacionalista na tarde-noite do xoves.

Asemblea do BNG
Unanimidade total

O éxito do BNG, como destacou Evencio Ferrero na súa intervención, é o resultado do traballo serio, intenso e rigoroso que se vén desenvolvendo no ámbito municipal, tanto dende a oposición coma, nos últimos vinte anos, dende o goberno. O alcalde destacou o compromiso con Carballo de todas as persoas que formaron parte das sucesivas candidaturas e amosou a súa convicción de contar co mellor equipo para gobernar Carballo.

Máis novas de eleccións

 

Comentarios