Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo

Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo

Unha persoa foi excarcerada do seu vehículo despois de colidir, ás 01:00 horas desta madrugada, unha furgoneta e un turismo na AC-552, concretamente no punto quilométrico 30, ao seu paso polo concello coruñés de Carballo.

Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos cunha persoa atrapada estrada de Bertoa a Carballo. Así, o 112 Galicia, pasou aviso decontado aos servizos sanitario de urxencia e aos Bombeiros de Bergantiños. Do mesmo xeito, informou aos axentes de Tráfico e Policía Local e aos efectivos so Servizo Municipal de Protección Civil.

Tras finalizar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron ao persoal do 112 Galicia a excarceración do condutor da furgoneta. Ademais, sinalaron que o condutor foi traslado polos profesionais sanitarios ao Hospital Modelo da Coruña.

Nada mais ser evacuado polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.

Comentarios