Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Unha exposición pecha este domingo as intensas xornadas micolóxicas de Lumieira

Carballo xornadas_micoloxicas
Imaxe da saída deste sábado
Unha exposición pecha este domingo as intensas xornadas micolóxicas de Lumieira

Xa vivimos, dende dentro, unha das xornadas micolóxicas artelladas durante este mes de outubro  polo Concello e a AC Lumieira.  Este sábado realizouse a última saída da man do micólogo Tomás Rodríguez e o gran peche desenvolverase este domingo 28 de outubro cunha exposición de cogomelos no mercado municipal.
A partir das 11.00 horas, no vestíbulo con acceso directo desde a rúa Gran Vía, contarán cos micólogos Raquel Poncini Gómez e Pablo Cuadrado Prado para ofrecer todas as explicacións sobre os distintos exemplares e aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

outubro micolóxico

MÁIS NOVAS MICOLÓXICAS

ARTIGOS DE JOSÉ M. CASTRO MARCOTE EN QPC SOBRE MICOLOXÍA

novas

Comentarios