As Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo xa teñen data e programa

Xa temos citas micolóxicas na Laracha, en Carballo. Pero se cadra a máis senlleira da comarca sexa a que a Asociación Micolóxico-Naturista Pan de Raposo artella cada outono en Cee.
As XXII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que este ano combinan coa LXI Semana Galega da Micoloxía, celebranse os días 4 e 5 de novembro co epicentro na Casa da Cultura de Cee.

Programa
Coma sempre, a exposición de cogumelos (e de traballos escolares) e as súas visitas guiadas (ás 12:00h) serán o eixe das xornadas. Para conseguir as máis de 200 especies que adoitan expor, abre a saída con expertos o mércores 1 de novembro.
Ademais da saída e a exposición, haberá varias charlas. O sábado 4 ás 17:30h, José María Costa Lago falará dos “Cogomelos do ques do Banquete de Conxo”; mentres que o domingo ás 17:30h, será o noso Jose Manuel Castro Marcote o que fale, máis tecnicamente, dos “Tricolomas”.
Ademais, non falta a arista gastronómica, e o sábado e o domingo haberá 4 haberá degustación de petiscos de cogomelos nos seguintes establecimentos: Hostal La Marina, Mesón As Viñas e O Rincón de May.
Outras citas micolóxicas
Novas relacionadas
Histórico sobre as Xornadas Micolóxicas de Cee
- Novembro 22: Pan de Raposo volveu encher de cogumelos a Casa da Cultura de Cee.
- 2021: As Xornadas Micolóxicas de pan de Raposo, un espectáculo para os sentidos.
- Xornadas 2019: A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas.
- Xornadas 2018: “Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”.
- Xornadas 2017: Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”.
- Xornadas 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- Xornadas 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- 2012: Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.