Martes. 19.03.2024
El tiempo

A fin de semana deixa dous falecidos nas estradas de Bergantiños

Accidente Mortal en Rus 2
Imaxe do atropelo de Rus
A fin de semana deixa dous falecidos nas estradas de Bergantiños

Esta fin de semana sáldase con dúas vítimas mortais nas nosas estradas. Na madrugada do venres ao sábado, un rapaz de Malpica perdía a vida nun accidente, mentres que na mañá sabatina un octoxenario era atropelado na recta de Rus.

Accidente en Malpica

Un home de 32 anos, veciño da zona, perdía a vida tras sufrir unha saída de vía ás 8:00h da mañá do pasado sábado. O accidente produciuse na estrada que une Buño e Ponteceso, cando o coche batía coa rotonda e acababa nun campeiro. O 061 só podía corroborar a súa morte. Foron avisados tamén Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.

Atropelo en Rus

Esta pasada mañá de sábado 25 de xuño saldábase cunha persoa falecida tras sufrir un atropelo na DP-1914, a altura de Rus, en Carballo. Confirma de novo o punto negro que supón a recta de Rus, onde xa houbo 5 atropelos mortais nos últimos anos.

A vítima, un home octoxenario, quedou atrapada debaixo dun vehículo, que o que atroplera tras bater antes con outro vehículo.

Os Bombeiros de Carballo tiveron que liberar á vítima mediante a manobra de estabilización de tacos e cuñas e a elevación do vehículo, pero unha vez liberada, e xa co 061 presente no punto, só puido certificar a súa morte aos poucos minutos.

Os servizos funebres encargaronse do traslado do cadáver.

Accidente Mortal en Rus
Imaxe do atropelo de Rus

Comentarios