venres. 06.12.2024
El tiempo

As familias do CEIP Bergantiños fartan e saen á rúa ante a falta de atención ás NEE

Concentracion ANPA A Granxa 2
As familias do CEIP Bergantiños fartan e saen á rúa ante a falta de atención ás NEE

Dous meeses e medio de curso e as concentracións e manifestacións das comunidades escolares contra os recortes da Xunta en materia de ensino seguen agromando. Toca en Carballo onde as familia da ANPA A Granxa do CEIP Bergantiños levan xa dúas xornadas de concentración diante da porta do centro pola mañá. Arrincaron o xoves, pero a concentración de hoxe venres (entre as 9.40 e as 10.00h) foi moi seguida polas familias, que ateigaron os aledaños do centro para facer entrega, en man, das súas reivindicacións ao Conselleiro de Educación.

Porque hoxe tocaba visita institucional ao veciño IES Alfredo Brañas, e as familias aproveitaron para levarlle unhas demandas que xa presentaron na propia Xunta e tamén na Valedora do Pobo, ante a falta de persoal docente e especialista para atender ao alumnado con necesidades especiais.

Concentracion ANPA A Granxa 4

Mentres as familias esperan que a Consellería responda á Valedora do Pobo e “tome conciencia da situación de desamparo na que se atopan moitos alumnos e alumnas do noso centro que non están a recibir a atención á que teñen dereito por lei”, queren deixar patente o seu descontento.

Lembran que dos 575 alumnos e alumnas do CEIP Bergantiños, 20 están identificados e recoñecidos como alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE), e 180 teñen certificación como alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). “Son un 35% do total e moitos deles sin recibir atención”, explican, deixando claro que ademais hai outros 50 pendentes de valoración por parte da orientadora do centro a petición dos titores, ante a sospeita de ser un caso que precise apoio. De ser así, esta porcentaxe iría ata o 43,5% do alumnado con necesidade de apoio.

Máis novas

Comentarios