mércores. 11.12.2024
El tiempo

As familias do CEIP Bergantiños comezan as mobilizacións contra os recortes

pancarta CEIP BERGANTINOS
Desde onte colgan xa as pancartas para facer a todos os veciños e veciñas partícipes da grave situación de falta de persoal no CEIP Bergantiños
As familias do CEIP Bergantiños comezan as mobilizacións contra os recortes

Dez días despois de presentar unha reclamación ante a inspección educativa e sen obter resposta algunha, a comunidade educativa do CEIP Bertantiños representada pola ANPA A Granxa da un paso máis para reivindicar unha atención de calidade para o alumnado do centro.

As familias solicitan unha “solución á grave carencia de persoal especialista e docente para que se poida levar a cabo o Plan Xeral de Atención á Diversidade e dar resposta educativa ás necesidades da totalidade do seu alumnado”.

Esta mañá mércores 20 de novembro, membros desta ANPA presentarán no rexistro do Concello unha carta dirixida ao Conselleiro de Educación nos mesmos termos que se enviou ao Inspector así como á Valedora do Pobo, como xa fixo a ANPA e moitas familias a título individual.

Avisan que de non ter unha resposta satisfactoria antes, o xoves 28 de novembro comezarán as mobilizacións na rúa. Faranse concetracións diarias na entrada do centro coincidindo co comezo da xornada, ás 9.40 horas.

pancarta 2 CEIP BERGANTINOS

A situación

Dos 575 alumnos e alumnas do CEIP Bergantiños, 20 están identificados e recoñecidos como alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) e 180 teñen certificación como alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Son un 35% do total. Ademais hai 50 pendentes de valoración por parte da orientadora do centro a petición dos titores, ante a sospeita de ser un caso que precise apoio. De ser así, esta porcentaxe iría ata o 43,5% do alumnado. "Cerca da metade do alumnado do colexio con necesidades educativas e moitos deles non reciben a atención á que ten dereito por lei por falta de persoal", sinalan.

ANPA Granxa do CEIP Bergantinos presentando as queixas por rexistro rexistro do Concello
ANPA Granxa do CEIP Bergantinos presentando as queixas por rexistro rexistro do Concello

As esixencias

Por iso, solicitan dende a ANPA con carácter urxente:

  • A incorporación dun segundo orientador/a.
  • A incorporación do profesorado a maiores do adxudicado no CADP, tal e como nos foi comunicado por inspección o 3 de septembro, debido as unidades ponderadas.
  • A inclusión no programa PROA+, unha vez demostrado que o centro reúne os requisitos esixidos.
  • A dotación dun Grupo de adquisición de linguas dotado de profesorado.

Máis novas sobre os recortes

Comentarios