A comunidade escolar carnotá realizará un mural cos nomes dos nenxs afectados polos recortes no ensino
- Ester Vázquez Blanco: A carreira de fondo do cambio.
Levan protagonizado as accións contra os recortes máis singulares, probablemente de todo o país. Esas misas polo pasamento do ensino público quedarán para a lembranza de toda a comunidade escolar, e na retina desa administración xorda e testaura que non acaba de recoñecer o erro de cálculo.
E como precisamente a cousa vai de nenos, e non de números, a comunidade escolar de Carnota volve saír á rúa este venres 8 de novembro ás 18:00h. Realizarán a última concentración deste calado, pero non a última acción de protesta en contra dos recortes no ensino.
A ANPA abrirá na caseta da Praza da Pedra durante toda a xornada do venres un mural para que todas as familias escriban os nomes dos afectados, deixando clara a mensaxe: “Non son números, son nenos que teñen nome”.
Despois, a carreira de fondo da comunidade escolar continuará, con accións de base que reivindiquen un ensino público de calidade, e unha atención ás necesidades educativas específicas digna.