As familias do CEIP Xesús San Luis Romero mobilízanse ante novos recortes
Preocupada está a comunidade educativa do colexio Xesús San Luis Romero de Carballo ante os recortes propostos dende a Consellería de Educación de cara ao curso 23-24. Dende a non continuidade da actual PT ata a supresión dunha aula e o traslado forzoso de dúas recoñecidas docentes fan que dende a ANPA elaboren xa un calendario de encontros e mobilizacións.
Entre as medidas acordadas, programaron unha reunión co grupo parlamentario socialista e os concelleiros locais na sede do PSOE de Carballo o próximo mércores ás 17:00 horas. Ademais, o xoves realizaranse unha concentración na praza do Concello, onde recollerán sinaturas e repartirán folletos informativos. Logo, serán recibidos polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, no propio Concello.
Con posterioridade, irán informando das demais medidas a tomar se estes recortes continúan adiante.