BNG e PP debaten sobre a circunvalación e a ampliación do polígono carballés no Parlamento

Pasou onte pola Comisión do Parlamento Galego a neceside de continuar a mellora de infraestruturas do Concello de Carballo. E precisamente foron dous deputados carballeses (Daniel Perez polo BNG e Rubén Lorenzo polo PP) o que protagonizaron un duelo dialéctivo.
O BNG levaba unha proposición non de Lei sobre a ampliación do polígono industrial de Carballo e sobre a necesidade de acometer xa as obras da circunvalación. Dous proxectos estratéxicos para o futuro económico da comarca de Bergantiños.
Cómpre lembrar que a circunvalación aínda non someteu a información pública, malia prometelo hai dous meses, o proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo. Mentres seguimos esperando pola licitación da ampliación do polígono de Bértoa.
Nesa liña ían as propostas do BNG. “Este polígono é un auténtico motor económico para estas dúas comarcas para a creación de creación de emprego do que non podemos prescindir sobre todo despois das políticas de
“Non hai tempo que perder e cada día que pasa sen esta ampliación, pérdese a oportunidade de xerar emprego, riqueza e benestar”. Por todo iso solicitaban o apoio de todos os grupos da Cámara para “axilizar a redacción do proxecto de ampliación e que se efectivice en 9 meses e non se esgote o prazo total, que serían 18”.
Negativa do PP
Pero o PP votou en contra da doble proposta. O deputado carballés Rubén Lorenzo centrou a atención na crítica sobre a “confrontación do Concello en actuacións relevantes como a circunvalación, a cesión de terreos para o novo centro de saúde ou o propio parque empresarial”.
Asegurou, iso si, “a Xunta avanza coa ampliación do polígono industrial de Carballo e adxudicará neste mes a redacción do proxecto de interese autonómico”.
O @ppdegalicia e a @Xunta levan anos comprometidos apoiando, con feitos e orzamento o Polígono Industrial de Carballo, foron máis de 12 Millóns de € en bonificacións
— PP Carballo (@PPdeCarballo) April 7, 2022
Que fixo o BNG durante estos anos???
CONFRONTAR e ENGANAR obviando os procedementos administrativos necesarios. pic.twitter.com/rNWUKXQ65Q