Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Finde de Rockin e Festa do Bosque en Carballo

Rockin Carballo e Festa do Bosque
Finde de Rockin e Festa do Bosque en Carballo

Arrinca unha das grandes fins de semana do verán carballés. Faino o sábdo 1 de xullo co Rockin e o 2, a Festa do Bosque.

Rockin

Ás 13:00h arrinca no Escenario Palmeira o grupo Crudo Pimentón, espectáculo que arrecende ao Mississippi. Ás 14.15 horas Al Dual, que recoñecido no 2018 como o Mellor solista rockabilly do mundo e forma parte do Salón da Fama do Rockabilly.

Xa no Rego da Balsa, ás 19.00 horas arrinca a banda carballesa Tu futura ex mujer, presentando o seu novo disco, Novos millonarios.
Ás 19.45 horas To-Xo, banda que ten as súas raíces na Costa da Morte, e que se move entre o rock duro, o rock urbano e combativo ou mesmo o heavy.
Ás 20.30 horas chegan Las Odio, que levan dende o 2015 petando con forza no mundo do indie e o rock de garaxe.
Ás 21.30 horas, The Brosas, que xa triunfaron no Xiria Pop do 2021 cos seus temas combativos, reivindicativos.
Ás 23.00 horas. Niña Coyote eta Chico Tornado van marcar un antes e un despois no Rockin Carballo.
E de fin de festa, ás 00.45, Guadalupe Plata que volven este ano aos escenarios co seu sétimo álbum de estudio.

Festa do Bosque

A fin de semana complétase o domingo coa gran Festa do Bosque o 107 concurso mundial de baixada de barcos de papel por auga doce no Anllóns, e o concurso de sobremesa.

Comentarios