Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Formándose para respectar as Píllaras

Pillara das Dunas en Razo-Carballo
Trala xormada formativa, a comitiva institucional trasladouse ao cartel informativo sobre as píllaras que hai en Razo
Formándose para respectar as Píllaras

A sensible realidade dunha especie como as Píllaras das Dunas merece un coidado especial. De aí, que o Concello de Carballo decidise realizar unha serie de accións formativas co persoal dos servizos de socorrismo e limpeza de praias para que aprendan como actuar ante esta ave, en perigo de extinción, que aniña nos areais carballeses.

O técnico Miguel Hermida, do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, confirmou que a presenza da píllara nas nosas praias é un símbolo de sustentabilidade, e ademais contestou a outras cuestións que ano tras ano son motivo de polémica, como a presenza de algas. Miguel Hermida foi tallante: “As algas non son lixo”, e non deben ser retiradas.

A Píllara

A píllara das dunas (charadrius alexandrinus) é unha ave de pequeno tamaño, que figura como especie ameazada a nivel europeo e en situación de perigo en España. Entre os anos 2012 e 2021 rexistráronse en Galicia 83 parellas distribuídas en 23 praias, que constitúen o medio no que nidifican. Os niños soen formalos entre o 15 de marzo e o 31 de xullo, e os polos nacen entre o 15 de abril e o 31 de agosto. Por iso é tan importante informar á poboación nesta época do ano.

Cómpre ter en conta que o plan galego establece normas específicas para as áreas de presenza da píllara, como a prohibición de animais domésticos, o tránsito con cabalos, a práctica do kite buggy, o aeromodelismo ou ala delta con motor, e, en xeral, calquera actividade que poida perturbar a vida da ave. Tamén a limpeza ten que ser manual.

Comentarios