Formoso recoñeceu ante os empresarios de Bértoa a necesidade da circunvalación e da ampliación do Polígono

Recibiron os empresario do polígono de Bértoa esta mañá de martes a visita do secretario xeral do PSdeG e presidente provincial Valentín González Formoso. Unha visita na que aproveitou para denunciar o “deserto industrial” no que o goberno popular da Xunta está convertindo o noso país.
Concretando na nosa comarca, Formoso incidiu na necesidade de facer realidade canto antes a circunvalación. Esa obra tan necesaria que nunca se fai realidade e para a que o PSOE vai solicitar unha partida real o vindeiro ano para avanzar no proxecto.
Formoso tamén escoitou outra das principais demandas do sector, esa ampliación do chan industrial no polígono, proxecto que parece se pula en marcha a pasada semana despois de anos de promesas. “ampliación do polígono que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, xa se debería estar facendo”, recoñeceu Formoso.
Ademais, Formoso incidiu na necesidade de actualizar e dixitalizar o parque empresarial de Carballo nos ámbitos “que demanda hoxe en día a economía produtiva e que son as telecomunicacións”.
Novas relacionadas
- Xuño 22: Por fin ponse en marcha o proxecto de ampliación do Polígono de Bértoa.
- Abril 22: BNG e PP debaten sobre a circunvalación e a ampliación do polígono carballés no Parlamento.
- Febreiro 22: A Xunta someterá en marzo a información pública o proxecto da 1ª fase da Variante de Carballo.
- Xuño 21: A licitación da ampliación do polígono do Polígono de Bértoa abrirase en xuño.